PORTADA CONTIDO CIRCULARES DISTRIBUCIÓN
 
INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE


“A socioloxía, sobre todo nos Estados Unidos, comezou a poñer en cuestión as condicións de existencia que implica o actual desenrolo; mais, por moitos datos empíricos que nese sentido teña podido aportar, ignora absolutamente a verdade do seu obxecto, pois non atopa nel a crítica que lle é inmanente. De modo que a tendencia desta socioloxía, sinceiramente reformista, non se apoia máis que na moral, a sensatez, e as miserables apelacións á mesura. Tal forma de crítica, ao descoñecer o negativo que está no corazón do seu mundo, non fai máis que insistir na descripción dunha especie de excrecencia negativa que parece asolagar desagradablemente a superficie, como unha proliferación irracional de parásitos. Esta boa vontade indignada, que incluso en condición de tal só chega a atacar as consecuencias externas do sistema considérase crítica porque esquece o carácter esencialmente apoloxético dos seus presupostos e do seu método”
A sociedade do espectáculo, Guy Debord.


Para decilo así, xa claramente: non queremos soster nada nin queremos sustentar nada. Non queremos cargar co peso da senrazón e da destrucción do ar e das almas. Non queremos pintar de verde o cemento nin queremos seguir fotografando naturezas mortas. Non queremos filmar a descomposición nin aplaudir aos disolventes. Non queremos participar nesta farsa escalonada de acontecementos non naturais, por moito que se vendan como naturais, e dende logo que non queremos esgotar xa máis as nosas gorxas e forzas berrando a favor do desenrolo sostible ou sustentable. Porque non queremos ningún “desenrolo”, e porque sabemos que é falacia e que é imposible soster a megamontaña de lixo que se nos cae enriba xa hai moitos anos. Querémola queimar. Si queimar, aínda que nestes tempos soe tan políticamente incorrecto. Non queremos reciclar nada porque nada de nada ou ren de ren vale para nada senón é para a destrucción espectacular do mundo natural e para desnaturalizar cada vez máis dunha maneira rauda e vertixinosa o humano mundo.

Vemos día a día miles de persoas morrendo polas condicións miserables e marxinais por mor de terremotos, ciclóns e tsunamis. E vemos que a maioría das veces que acontecen estes desastres, que teñen a raíz no corazón da besta capitalista, nese mesmo corazón ante os mesmos desastres as baixas son mínimas. Vemos a desproporción dun mundo pequeno e de cores por riba dun mundo maior que ten que cargar con toda a economía negativa da senrazón deste mundo brillante na superficie. E vemos que para que o mundo brillante funcione precísase queimar e queimar toneladas de mundo e que o fume desa combustión trousa a súa merda en todo o mundo globalmente: no mundo brillante aparente e no inframundo maior. Vemos que comemos o mundo e o mundo nos come irremediablemente. Vemos que este ciclo voraz de destrucción fabrica unha especie de cyborg-globo monstroso que non descansa xamáis porque non se lle dá a menor tregua. E así continúa ata a bestial diarrea que fai que afoguemos en merda e máis merda cada vez máis imposible de depurar, cada vez máis imposible de reciclar e cada vez máis imposible de soster ou sustentar.

Estamos en contra do protocolo de kyoto porque nos produce gases só de pensar na mentira descomunal de que esta besta vaia a reducir nada. A besta só quere aumentar e aumentar, inflarse de bolsa con inxeccións de bancos mentras África agoniza de sida e fame.

Estamos en contra das enerxías renovables porque non queremos renovar nada senón destruir este mundo de destrución.

Estamos en contra das enerxías limpas porque son mentira e non limpan, contaminan de falacia e de burla, de engano, medo e chantaxe.

Estamos en contra de que os petroleiros teñan dobre, triple ou cuádruple casco porque non queremos petroleiros, porque non queremos petróleo, porque non queremos gasolina e non queremos automóbis que trousan no ar toda a merda para que despois se nos caia enriba irremediablemente. Ademáis non os queremos porque non queremos chegar neles ao traballo porque non queremos traballar en fábricas, empresas etc de todo tipo: piscifactorías con peixes antibióticos, asteleiros militares para guerras de petróleo, andamios en construcións destructivas, xornais que manipulan e minten e nos dín que hai un novo espazo protexido na rede natura 2000 que poder admirar…

E como non, estamos en contra dos subtitutos do petróleo. Porque non queremos subtituir ren para que siga sendo o todo de sempre. Non queremos biodiesel porque é inaudito que estén millor alimentados os carros de luxo que os nenos de Sudán.

Non quermos conter as augas, non queremos recoller o vento, queremos que flúan polo mundo limpando o lixo creado por esta sociedade descomposta e composta a descompor cada vez máis os ríos, mares, as nosas fortalezas e as nosas debilidades.

Desexamos a ruina dos rañaceos e o florecemento das silveiras e que as vacas boten todo o metano que levan dentro no ministerio de medio ambiente e que alguén prenda un misto nese mesmo intre.

Para decilo así, claramente: non queremos soster nada nin queremos sustentar nada, queremos que todo caia polo propio peso e se podemos, axudando un pouco ao tempo.

SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO

V. M.


EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ


PAU E CENOURA
OTTO MÁS


COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO

CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO

SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH

A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.

EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"

PEDRO GARCÍA OLIVO

UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)

MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS

CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE

ENRIQUE LÓPEZ

FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA

UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ

TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA

CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA

MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO

mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK

INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE

Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY

ACHEGAS GRÁ�FICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza