UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ
O modelo económico-social que padecemos está baseado no crecemento económico indefinido. Sobre a premisa dese crecemento continuo da economía constrúese tanto o noso relativo “benestar” como a miseria da maior parte da humanidade. Este modelo é tan vello como o propio sistema capitalista; ao cabo, o que agora estamos vendo é, cada vez máis, a súa absoluta irracionalidade.
A insostibilidade da sociedade capitalista expresouse na explotación da clase traballadora, contra a que xurdiu a reacción do movemento obreiro; tamén nos excesos do colonialismo, que foron combatidos polas loitas anticoloniais e pola independencia do terceiro mundo; despois expresouse no deterioro do medio ambiente e dos recursos naturais, contra a que reaccionou o movimento ecoloxista. Mais ninguén conseguiu derrotar á “besta” e a maior parte dos movementos de protesta remataron sendo integrados; agora, cada vez máis imos vendo cómo o conxunto de contradiccións xeradas polo capitalismo non é que ameacen a amplos sectores da poboación, senón que constitúen unha ameaza global contra o mundo en xeral.
Na Galiza hai moitos exemplos dos múltiples problemas xerados por este sistema irracional: a contaminación e os encoros rematan coa vida nos nosos ríos; as chuvia áceda das térmicas contaminan as nosas terras; o uso de dinamita e a sobreexplotación rematan coas riquezas mariñas; a contaminación industrial e os recheos están a desfacer as nosas rías; as actividades mineiras, os parques eólicos, a construcción salvaxe, destrúen as nosas formas de vida, a nosa cultura e estragan a paisaxe.
Hai anos, unha boa parte da esquerda participaba nas diferentes frontes de loita contra o capitalismo; agora, a experiencia nos ten ensinado que a esquerda parlamentarista ten unha visión completamente instrumental dos movementos sociais, en función da súa rendibilidade electoral. A teoría anarquista pode ser máis ou menos perfecta no seu conxunto, mais no que atinxe á utilidade da participación electoral, a súa crítica segue amosandose invariablemente acertada.
A desfeita da socialdemocracia (plenamente integrada no sistema capitalista dende hai moitos anos), a decepción do ecoloxismo político (cos verdes alemáns dando un tristísimo exemplo) e a crise do nacionalismo galego (co BNG exercendo de lacaio dos “nosos” caciques, Tojeiro e “La Voz de Galicia”, e das mafiosas electricas de toda a vida), deberían ser exemplos de que o camiño dos movementos sociais e da esquerda parlamentaria é exactamente o mesmo: só que os movementos sociais circulan nun sentido, mentres que a esquerda parlamentaria vai no contrario.
Vivimos tempos pouco propicios para o optimismo; fica bastante claro que a posibilidade dun cambio social global é moi remota. Quizais por elo, boa parte da esquerda busca pequenas victorias para consolarse, ben sexa nalgún proceso electoral (eleccións europeas, locais, autonómicas, estatais ou sindicais), nalgunha forma de loita armada, na tristísima loita sectaria ou en estériles e narcisistas teorizacións. Uns pequenos logros que rematan por ser parte da gran derrota que estamos a padecer: un paso adiante e dous atrás, que decía aqueloutro.
Quizais deberamos probar a autoorganizarnos para enfrontarnos de xeito frontal e continuado a un sistema que nos leva á máis completa ruína. Quizais deberamos de deixar as muletas dos parlamentos e comités, das subvencións e dos liberados. Quizais deberamos de sofrer e asumir aínda algunhas pequenas derrotas, para, quizais, algún día, coñecer algunha victoria real...
|
|
SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO
V. M.
EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ
PAU E CENOURA
OTTO MÁS
COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO
CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO
SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH
A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.
EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"
PEDRO GARCÍA OLIVO
UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)
MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS
CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE
ENRIQUE LÓPEZ
FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA
UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ
TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA
CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA
MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO
mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK
INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE
Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY
ACHEGAS GRÁ�FICAS |