PORTADA CONTIDO CIRCULARES DISTRIBUCIÓN
 
Tirado da "Carta a un refén"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY


“A orde pola orde castra ao home do seu poder esencial, o de transformar tanto ao mundo como a si mesmo. A vida crea á orde, pero a orde non crea á vida.

Parécenos, moi pola contra, que o noso ascenso non terminou, que a verdade de mañá nútrese do erro de onte, e que as contradicións que hai que superar son o abono mesmo do noso crecemento. Recoñecemos coma nosos aínda a quen difiren de nós.

Pero que parentesco tan estraño é este que se funda no futuro e non no pasado, na fin e non na orixe! Somos, os uns para os outros, pelegrinos que ao longo de camiños diversos penamos con destino á mesma cita.

Pero hoxe ocorre que o respecto polo home, condición do noso ascenso, está en perigo. O estalar do mundo moderno afundiunos nas tebras. Os problemas son incoherentes, as solucións contraditorias. A verdade de onte xa está por construírse. Non se albisca ningunha síntese válida, e cada un de nós só leva consigo unha parcela da verdade. As relixións políticas, carentes de evidencia que as impoña, apelan á violencia. E así, mentres nos dividimos no que respecta aos métodos, corremos o perigo de non volver recoñecer que todos nos apresuramos cara ao mesmo fin.

Se ao franquear unha montaña cara a unha estrela o viaxeiro se deixa absorber demasiado polos problemas da escalada arríscase a esquecer cal é a estrela que o guía. Movéndose só por moverse, non irá cara a ningures. Se quen coloca as cadeiras da catedral se preocupa demasiado pola ubicación das mesmas, arríscase a esquecer que está servindo a un deus. Do mesmo xeito, se me pecho nalgunha paixón partidista, arríscome a esquecer que unha política só ten sentido coa condición de estar ao servizo dunha evidencia espiritual.

[...] Ninguén de nós ten o monopolio da pureza de intencións. Podo combater, en nome do meu camiño, o camiño que outro elixiu; podo criticar os pasos da súa razón- os pasos da razón son incertos-. Pero debo respectar a ese home, no plano do Espírito, se pena cara á mesma estrela.

¡Respecto polo home! ¡Respecto polo home!... Se o respecto do home está fundado no corazón dos homes -seguindo o camiño inverso- terminarán por fundar o sistema social, político ou económico que consagrará tal respecto. Unha civilización fúndase ante todo na sustancia; primeiramente é, no home, o cego desexo dunha certa calor. Logo, o home, de erro en erro, atopa o camiño que leva ao lume.”

SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO

V. M.


EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ


PAU E CENOURA
OTTO MÁS


COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO

CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO

SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH

A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.

EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"

PEDRO GARCÍA OLIVO

UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)

MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS

CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE

ENRIQUE LÓPEZ

FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA

UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ

TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA

CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA

MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO

mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK

INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE

Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY

ACHEGAS GRÁ�FICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza