A OPINIÓN DUN EXPERTO
TRANSCRICIÓN DUNHA CONVERSA CON REMIXIO F. S. AUTOEXILIADO EN ESGOS
Desenrolo sustentable? Crecemento sostido? Fontes de enerxía sustentables? Pero a quen hei agora de soster? Aos mesmos fillos de puta de sempre ou a outros novos? Puta que os pariu! E nós tragando coma sempre. Mire, eu no lle sei moito dalgunhas cousas, pero téñolle ollos e ouvidos e andei aínda ben polo mundo. Non lle estudei, mais aínda leín e leo algúns libros aínda que non coñeza todas as palabras que veñen neles e cando traballaba na fábrica de armas sempre seguín o boletín do sindicato, hastra que me jodín. Si, jodéronme coas presas da produción e unha prancha de aceiro na cadeira. Logo veu a regulación e así vello e eivado á puta calle, pouco durou, anos despois pechou ou vendéronlla aos americanos... Así que logo, chuchándonos a suor e o sangue anos e anos, aínda por riba, logo págalles a luz, págalles a auga, o lixo, paga a contribución e senón vai vivir a un cortello como as bestas. Hostia que os pariu!... Eles de festa en festa e nos matinando con quen se ían matar coa munición e os fusís que saían da fábrica… Case que descansei cando me botaron. Volvín pra aldeia e gastei o que aforrara en arranxar a casa e logo entereime dos millóns que se lle deron aos señoritos e aos especuladores da cidade pra arranxar os pazos que foran deixando caer... Mire eu non voto e que xa non mo veñan pedir, non quero nada que poidan ofrecer esa raza merdenta que o que fan e manterse eles e os seus como marajás e coidar de que sigan medrando os industriais, os mercaderes e os bancos... era pouco encherlles a todos eles as orellas con pólvora e o cu con dinamita.
Enerxía? Mira! ...olla cara ao norte! Ves as torretas da tensión? ...veñen de Santo Estevo... cando viñen pra eiquí no 79 nas casas só tiñamos tensión pra prender as bombillas e a radio e nada máis. No 87 fixeron unha nova acometida pra poder enchufar a lavadora e a nevera ao tempo sen que salten os fusibles. Aínda é hoxe que as veces nótanse unhas oscilacións da virxe e marcha a luz por horas e noites enteiras sen que naide dea explicacións. Iso si, o recibo vén puntual. Cagoendiós! E seica non lles chega cos pobos que joderon e co que gañan coas presas dos ríos todos desfeitos que agora fanse cos montes pra montaren molinillos dises e por catro perras quedan os comuneiros encantados. Cagonahostiabendita! O que había que facer era coller unha rebarbadora e chimpalos pola base... é o único que lles pon respeto, nin negociar, nin acordos, nin hostias. Todo é puto engano pra xente; cando lle vas ao peto, cando lle tocan os cartos... e aínda así suben os recibos e a tomar polo cu... E matar non se pode...
A auga? Mira, ten conta do que che digo. Eiquí na aldea, cada casa tivo sempre o seu pozo. Aínda me acordo de botar unha man pra facerlle o do “Pitelos”, o desta casa xa o fixera o meu pai sendo eu rapaz, e nunca se tirou unha pinga de auga, así que no me veñan agora com que aforremos nós. Que aforren eles. Hostia! Tanta piscina, tanto jardinillo de merda, tanta rega pra sacar horta en sitios donde a terra non vale un carallo, tanto invernadoiro. Logo viñeron coa traída... Primeiro que tiñamos que xuntarnos pra nos por dacordo, pagar entre todos xa non me acordo cantos miles de pesetas pra que a subiran dende a estrada hasta eiquí. E logo pagar cada un polo seu enganche, xa un roubo, pero é que despois dun ano, cando ao primeiro dicían que non pasarían recibos, escomenzaron a pasalos ó cobro dicindo que era pro mantemento das instalacións. Hai que joderse! A auga é do pobo, captárona río arriba nunha presiña, non lle fan nada e agora queren cobrar por ela... A rañala! Non paguei nin o primeiro, hasta que a cortaron... e coma min os outros.. Creo que soio pagan os chalés novos da “coutada”. Merquei un motor novo e andando, iso si. ..non sei se é porque cada vez chove menos ou andan facendo pozos de barrena nas venas de agua ou porque carallo é que cada vez está máis baixo o nivel e tarda máis en recuperar, sobre todo no vran...
Que que penso do transporte e as comunicacións?...mmm.... tampouco ten que ser como antano que a xentiña non saía da aldeia máis que pra ir a feira da vila ou a capital un puñado de veces na sua vida e o que viaxaba era pra emigración e se cadra pra non voltar... os carreiros de lama e merda... agora penso que hai de máis, estradas nacionais, comarcais, autopistas, autovías por todos os lados. Millóns e millóns de coches... Eu tiven automóbil, xa o comprara de segunda man.. e coa muller íbamos os fins de semana de excursión... Pero a traballar... nadie na fábrica levaba o coche aínda que o tivera... Logo ela morreu... O auto escarallouse e xa non o arranxei... Eiquí na aldeia temos que andar máis dun quilómetro deica a parada, aló na estrada comarcal e soio temos dous autobuses ao día pra baixar e subir da cidade. E case que os tes que parar... e logo, non se poderían pór coches pra alquilar baratos pra cando lle cumpriran, os taxis máis baratos e máis autobuses? Todo o mundo a empeñarse pra mercar coches e correr con iles, dun lado pro outro sen parar. E despois nos pobos... se queres ir ver algún veciño botas o día polas pistas, nin hai en que iren e non hai quen te leve...fanme gracia cando falan da contaminación e o do clima e da destrución da terra. E o medio máis sinxelo que houbo pra se comunicar e levar mercancía que era o tren fórono desartellando, non me estraña co negocio que é construír autopistas de oito carrís e fabricar coches e máis coches que vai querer o tren... e o avión... paréceme pra os ricos, pra amasaren os negocios noutros países e pra lle facer gastar os cartos os turistas... e digo eu, a ben seguro que istes contaminan aínda máis a atmosfera indo como van pegados as nubes...
O campo e o gando? ...pois de puta pena. Xa o ves o que hai. A cada paso aínda menos... En tempos e non hai moito, en cada casa coidábanse vacas, ovellas, porcos, galiñas, pitos, coellos... Cadaquén procuraba pra comer na súa horta e aínda vendíase ou trocábase parte nas feiras e pra tendas... Empezouse coas cotas do leite, da carne... co saneamento das reses, as inspeccións, as pestes e o medo que meteron coas vacas tolas e a gripe dos polos, a seca, o encarecemento das sementes, a xente que trabalha cada paso máis vella. E os fillos non queren saber nada disto ...amáis, a xente deixou de iren mercar as feiras e a praza... penso que todo argallado para que se enchan os supermercados... Eles poñen os precios...con eles non se pode competir. Eles controlan as granxas, os invernadoiros e os matadeiros penso.... Xa o ves... Os lameiros baleiros, xa non hai millo sementado, poucas leiras de patacas e menos horta ca nunca. As castañas polo chan e, inda por riba, os vellos hanlle de deixar a pensión pra compraren de comer... Lume! Cagoendiós!
Que se oín falar dos anarquistas? ...e logo non vou saber... Na casa, o meu tío, irmán do pai. andou cos anarquistas antes e durante a guerra pola Coruña e máis pola Mariña. Falabase en baixiño dil, en secreto. ...desapareceu, na Francia, penso... alá polo 40, non sei certo. Meu pai non quixo falar nunca dise asunto e mandaba calar. Recordoo queimando papeis na cociña de ferro... Eran tempos de moita represión e fusilamentos... Leín algo moitos anos despois... Un mundo sen autoridades, que o que haxa sexa pra todos... Sen estados, sen gobernos, sen policías… Sen ricos, sen patróns… sen curas… [risas]... Non sei se o chegarei ver!
|
|
SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO
V. M.
EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ
PAU E CENOURA
OTTO MÁS
COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO
CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO
SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH
A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.
EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"
PEDRO GARCÍA OLIVO
UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)
MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS
CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE
ENRIQUE LÓPEZ
FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA
UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ
TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA
CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA
MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO
mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK
INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE
Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY
ACHEGAS GRÁ�FICAS |