PORTADA CONTIDO CIRCULARES DISTRIBUCIÓN
 
O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)



No vrao do presente ano, tras oito longos anos de loita legal contra Reganosa, Fuco Buxán, asociazón cultural integrada no Comité Cidadán de Emerxencia, publicou o libro “ Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ria de Ferrol. El caso Reganosa.” que supón un pormenorizado repaso por todo o acontecido ate aquel momento.

Dende o ano 2000, a movilizazón popular corría a cargo do Comité, que, fiel a súa concepzón legalista do conflicto, limitouse a plantexar doce contenciosos contra a empresa e organizar unhas cantas protestas puntuais “de reforzo”. Estas denuncias, ate o de agora, non tiveron máis froito que o de evidenciá-lo alto grao de corrupzón existente neste caso concreto, a todolos niveis e en todolos ámbitos da nosa sociedade.

O exposto neste livro invitame a fazer unha reflexón sobre a corrupzón, total, do noso sistema: Son moitas as vontades compradas, son moitos os campos no que os poderes incumpren a súa propia legalidade e, mesmo na maioría dos casos, a legalidade vixente é un obstáculo para a xustiza social. Inda no caso suposto de que o poder xudicial manifestase reiteradamente a “legalidade” da planta a xustiza social (con maiúsculas) clamaría polo seu feche.

@s mariscadores/as racharon esta tónica legalista coa parada do Galicia Spirit en defensa dos seus intereses colectivos. Perante a súa escandalosa e reiterada rebeldía e os enormes gastos económicos que isto supuña para o consorcio, as autoridades decidiron impedir pola forza que o bloqueo da ría continuáse, e logo sentaron a negociar as reivindicazóns, estrictamente laborais, do colectivo.

Esta aczón supuxo un avanzo cualitativo e cuantitativo nas movilizazóns. Foi moita a xente que saiu á rúa nestas duras xornadas que quedan grabadas, con sangue, na nosa memória, igualiño que nos “vellos tempos”. Os meios de comunicazón a nivel estatal non tiveron máis remedio que desplazá-l@s seus/súas locutores/as a cubrí-los feitos ante a gravidade da medida e da represón policial.

@s mariscadores/as depuxeron completamente a súa atitude belixerante en canto pactaron as indeminizazóns por non poder faenar perante a entrada de gaseiros na ría, o que supuxo a vía libre a actividade na planta. A fábula d@s mariscadores/as e os gaseiros ten moralexa: o único que realmente lle doe a ese monstro multiforme nomeado Reganoxo son os ataques na fronte económica, en dúas palabras: os cartos.

Dende entón, salvo unha marcha dende Ferrol a Mugardos e unha manifestazón polas rúas de Ferrol, a actividade movilizadora por parte do comité reduciuse a receber os seguintes gaseiros con caceroladas no peirao de curuxeiras convocadas por e-mail e sms, unha das cais rematou cunha caravana en carro ate Mugardos, en solidariedade coa veciñanza de Meá.
Non en balde cada vez son máis as voces críticas entre @s opositor@s a Reganosa que poñen en entredito algúns aspectos da actividade do comité: a súa sospeitosa ineficacia na movilizazón popular, a súa excesiva fé na xustiza, o seu apoio a unha hipotética planta de gas no porto exterior, a súa falta de cultura democrática e asamblearia, o seu personalismo excesivo…

… Son moitas as críticas lexítimas que se poden facer ao comité dende o movimento de oposizón á planta de gas, máis non debemos esquecer en mans de quen está. Se o movimento quere prosperar no seu obxectivo debe pasar por riba do petit comité.

Tanto o bloqueo da ría por parte d@s mariscadores/as como a ocupazón do concello de Mugardos por parte d@s veciñ@s de Meá, actividades ambas organizadas á marxe do comité e sustento principal das movilizazóns no pasado, englóbanse dentro das estratexias de aczón directa e desobediencia civil: Cando é o propio sistema o que vulnera os nosos dereitos, a legalidade só serve como argumentazón, non serve máis que para reafirmá-la nosa razón.

Neste ponto estamos; tras oito anos de loita legal, de xuízo en xuízo, de Madrid a Bruxelas… e por pura desesperazón perante a inminente posta en funcionamento da planta, @s veciñ@s de Meá van para catro meses fechados na sala de plenos, resistindo ó acoso do Alcalde e dos secuaces de Reganosa… e nós agardando ós gaseiros no peirao coas nosas caceroliñas e as nosas bandeirolas…
A partires de agora poden suceder, basicamente, tres cousas:
1. Que a planta siga ahí, regasificando GNL ate que as reservas mundiais se esgoten definitivamente, ou unha causa de forza maior como unha crise ( económica ou enerxética) ou un futurible conflicto bélico internacionais impidan a súa explotazón.
2. Que antes ou despois aconteza unha emerxencia, ogallá non sexa unha traxedia nin unha catástrofe. O mutismo e a ocultazón serán a resposta inicial das administrazóns. O papel do movimento de oposizón a Reganosa debería sé-lo de movilizá-la cidadanía para facerlle fronte a situazón e paliá-las carencias do operativo de emerxencia en funzón da gravidade das circunstancias. Así mesmo, sería o encarregado de esixir responsabilidades e indeminizazóns se procedese.
3. A terceira opzón que contemplo é que, chegado o momento, sexa tan evidente para a poboazón o alto grao de corrupzón que o propio sistema decida facer un lavado de cara cargándolle-lo morto a catro cabezas de turco que apenas sufrirán as consecuencias do proceso xudicial, mínimas en comparazón coa gravidade dos feitos. Isto sería unha media victoria para a tese legalista e probabelmente obrigaría a fechá-la planta, máis isto non acontecerá xamais…

... Non acontecerá namentres non poñamos máis énfase na movilizazón popular, pois é na rúa onde se está a librar a verdadeira batalla contra Reganosa, non nos tribunais nin nas páxinas dos xornais. O que realmente amedrenta ós poderes fácticos e os obriga a reacuar son as demostrazóns de forza na rúa. Só a unión e a forza constitúen unha soluzón posibel.

Non é casual o escaso interés na movilizazón popular por parte do comité, curioso enxendro formado por catro “renegad@s” dos partidos cómplices de Reganoxo. Tampouco é casual a ausencia de partidos e sindicatos institucionais nas protestas. Do mesmo modo non é casual a presenza e solidariedade de diversos movimentos sociais, en concreto veciñais e ecoloxistas, doutros lares moi alonxados do radio de destruczón de Reganosa.
Os movimentos sociais son os que deben coller forza e relevancia nesta e noutras loitas semellantes. Cada vez máis xente está a caer na conta da ineficacia de partidos e sindicatos á hora de defendé-los intereses do povo. En realidade ningunha instituzón vela por estes intereses: É o povo o que ten que defendé-los fronte ás instituzóns, somos nós @s que temos que tomar conciencia e partido nas diversas causas sociais.

A loita contra Reganosa é unha loita mais dunha veciñanza afectada contra unha industria terrorífica no contexto deste mundo globalizado no que nos tocou viver. Só a unión entre estes incipientes movimentos, só a solidariedade mutua entre povos pode fazer fronte aos intereses das multinacionais de caciques rapaces que explotan a nosa ría e a nosa terra.

As mesmas empresas que participan no consorcio están implicadas noutros casos semellantes alén da nosa comarca, ao longo do mundo. Non é utópico, senón realista, pensar que só un cambio de sistema a nivel global pode mudá-la situazón actual do mundo por outra na que as comunidades manteñan a súa soberanía fronte aos consorcios expoliadores.
A loita contra Reganosa é unha escola: unha escola na que aprendermo-nos ate que ponto é corrupto o noso sistema, ate que ponto todo-los nosos problemas concretos conflúen nunha única soluzón, radical, e dizer, unha soluzón que atalle todo-los problemas de raíz. Unha escola onde aprendermos a desconfiar dos políticos e dos liberados sindicais, das instituzóns de xustiza e dos meios de comunicazón. Unha escola onde practicá-la solidaridade, o apoio mutuo, a aczón directa, a autoxestón e a contrainformazón.

Como conclusón final, engadir que a batalla contra Reganosa non está perdida, nin moito menos, por moito que insistan en trasmitir esta sensazón dende a prensa. Non rematou co episodio d@s mariscadores/as e non rematará co feche de Mugardos nin coa entrada en funcionamento da pranta… Esta loita chegará ate onde nós estemos dispost@s a chegar.

SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO

V. M.


EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ


PAU E CENOURA
OTTO MÁS


COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO

CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO

SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH

A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.

EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"

PEDRO GARCÍA OLIVO

UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)

MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS

CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE

ENRIQUE LÓPEZ

FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA

UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ

TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA

CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA

MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO

mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK

INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE

Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY

ACHEGAS GRÁ�FICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza