MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS
Os habitantes de Merexo (Muxía) estanse mobilizando nos últimos tempos para deter a destrución do seu litoral, pero o goberno galego segue impasible ante as demandas da veciñanza. José Ángel, un rapaz de quince anos participante nunha cadea humana que circundou as leiras da aldea, sintetizou con emoción o sentir xeral dos seus paisanos: “Quero ver aos meus veciños plantando cebolas e recollendo millo, e quero tamén seguir vendo desde Merexo a Virxe do Monte e a Punta da Barca”. Beti, outra moza da aldea, non ficou atrás: “Queremos peixes e mariscos criados, coma sempre, na nosa ría, non con pensos e antibióticos”. Así de claro e así de elocuente, porque mentres Merexo albisca con preocupación o seu futuro, o goberno argalla un plan acuícula que inclúe a expropiación de 270.000 metros cadrados de terreo -no interior da Ría de Camariñas e Muxía- e a súa posterior entrega en concesión á empresa norueguesa Stol Sexa Farm, que pretende levar a cabo a ampliación da súa piscifactoría.
Merexo non se vende. Os veciños opóñense á expropiación das leiras e dende a Xunta e o concello de Muxía acúsaselles de non querer que se creen postos de traballo na zona, aínda que teñen reiterado en máis dunha ocasión –e semella que con menos cinismo–, que ao único que se opoñen é á devastación do entorno. Porque, se ninguén o impide, unha chea de toneladas de formigón serán verquidas sobre un terreo de extensión equivalente a corenta campos de fútbol.
Como alternativa á piscifactoría, a veciñanza presentou na Consellería de Medio Rural un proxecto de produción ecolóxica de cebolas que, segundo os seus cálculos, xeneraría máis de cincuenta postos de traballo. A cebola de Merexo cultívase na actualidade nas leiras afectadas polo plan de acuicultura –unha zona coñecida como “A Braña”-, pero as piscinas de Stolt Sexa Farm invadirán uns terreos que, dende sempre, foron cultivados polos veciños sen precisar regadío, grazas á proximidade das augas subterráneas.
Como mal menor, algunhas voces afirman que sería posible acometer a actuación noutros terreos "máis idóneos", pero a ninguén se lle escapa que o plan manexado pola Xunta só beneficia ás multinacionais estranxeiras e supón un perigo ambiental para as nosas costas. Outras, que o goberno galego actúa de cara á galería, xa que rexeitou o plan acuícula do entorno de Touriñán e non escoita agora a voz dos veciños. Pero todos coinciden en que PSdG, BNG e PP, os mesmos que falan de sustentabilidade cando toca buscar votos, apoian agora unha nova devastación. Eva, que ten trece anos e sabe encher as palabras de significado, dixo: “O noso pobo está en perigo e os veciños unímonos para defendernos dos ataques dos gobernantes”. Por se alguén o dubidaba.
|
|
SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO
V. M.
EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ
PAU E CENOURA
OTTO MÁS
COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO
CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO
SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH
A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.
EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"
PEDRO GARCÍA OLIVO
UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)
MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS
CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE
ENRIQUE LÓPEZ
FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA
UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ
TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA
CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA
MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO
mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK
INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE
Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY
ACHEGAS GRÁ�FICAS |