PORTADA CONTIDO CIRCULARES DISTRIBUCIÓN
 
NON AO DESENVOLVEMENTO
AGUSTÍN GARCÍA CALVO


O Réxime que padecemos (dende o comezo da Historia, pero dun xeito prepotente e descarado dende os anos sesentaetantos do pasado século) é o Réxime do Diñeiro, isto é, o Réxime en que o Estado (os Estados e as outras institucións da Orde) está enteiramente sometido ao movemento do Capital, de xeito que non se pode imaxinar un político, de calquera cor, que poida poñer o menor atranco ou desvío á lei do movemento acelerado do Diñeiro, nin deixar de crer que no Mañá están o Automóbil, a Televisión e demais armas que ese movemento precise.

Os que non ven e senten que isto é así sen máis, é porque non queren, isto é, porque eles, á súa vez, están nas empresas privadas das súas vidas, ao servizo do movemento do Capital, e cren que só grazas a ese sometemento poden soster as súas vidas, ou sexa o seu futuro, que é no que o Réxime mudou aquelo das súas vidas.
O Réxime é, para a xente, sen máis, insostible, intolerable, insoportable. Os que non o senten e cren aínda que se pode vivir baixo a condena a traballar para mover diñeiro, a mercar para mover diñeiro, a divertirse para mover diñeiro, non teñen nada que facer neste intento que aquí nos traemos de desmentir a mentira do Réxime, a necesidade do seu desenvolvemento e o seu futuro.

“Desenvolvemento sostible” quere dicir isto: unha continuación do desenvolvemento do Capital (as súas Empresas, Estados, Banca, Medios), que sexa sostible para o Capital (disto, por fortuna, semella que os propios servidores do Capital comezan a ter algunhas dúbidas), porque, o que é para a xente, o Desenvolvemento e o Réxime que o necesita é insostible de por si e sen máis, coma unha administración de morte.

Calquera actuacións, ideas e boas intencións que, por parte de certa oposición ao Poder, contribúan a facer sustentable o Desenvolvemento están a colaborar co Poder e traizoando así á xente e ás posibilidades de vida sen futuro: pode iso contentalo persoalmente a un, ao que ten de servidor conforme que puxo a súa vida no diñeiro, moito ou pouco, que o Capital o distribúa como paga; pero, para os que nos queda de pobo vivo e de razón común, non deixa de ser unha traizón.

Non falar de “desenvolvemento sostible”, non empregar o vocabulario do Réxime e dos seus Medios, é a recomendación máis elemental que podo facerlles aos amigos.

SUSTENTABILIDADE:
ORIXE, USO E CONTIDO DO TERMO

V. M.


EL LENGUAJE INSOSTENIBLE
ALBERTO DOMÍNGUEZ


PAU E CENOURA
OTTO MÁS


COMO SE SOSTÉN ISTO?
REBECA BACEIREDO

CAPITALISMO E ECOLOGIA
ROI FERREIRO

SUSTENTAR A VIDA OU SUSTENTAR O DESENVOLVEMENTO?
AURELIA SMITH

A OPINIÓN DUN EXPERTO
REMIXIO F. S.

EL "MITO DE LA RIQUEZA" Y
EL "MOTIVO DEL MAIZ QUE LLORA"

PEDRO GARCÍA OLIVO

UNHA PANTASMA PERCORRE VIGO
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL

O FUTURO DA LOITA CONTRA REGANOXO: CARA ONDE IMOS?
UN LIBERTARIO (REGANOSADEMOLIZON.ORG)

MEREXO RESISTE
DIEGO AMEIXEIRAS

CAPITALISMO...
VERDE E SUSTENTABLE

ENRIQUE LÓPEZ

FORMIGÓN, HEDRAS E SILVEIRAS
GRUPO ESTRUME E BORRALHA

UNHA LOITA SOSTIBLE?
ELISEO FERNÁNDEZ

TERRA DE COBRE E CHISPAS
VENTO MORTEIRA

CANCIÓN PARA EL HOMBRE CABAL
RAFA BECERRA

MALAS Y BUENAS NOTICIAS
SANTIAGO ALBA RICO

mensagem aos povoadores
PAULO HORTAK

INMUNDICIA
DERRADEIRA CIDADE

Tirado da
"Carta a un refÉn"
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY

ACHEGAS GRÁ�FICAS

Colectivo editorial Renderén | colectivo.renderen(a)gmail.com | OURENSE - Galiza